Caballero reclama á Xunta a creación dun fondo de acción municipal ante o Covid-19

O alcalde de Vigo solicitou este luns ao presidente da Xunta que cree un fondo de acción para apoiar a labor dos concellos galegos fronte as necesidades xeradas pola pandemia do Covid-19. “O Concello de Vigo xa empregou máis de 2 millóns en gasto social e non recibiu nin un euro do goberno autonómico”, sinalou.
Publicado por o día 18/05/2020 na sección de Concello de Vigo,Coronavirus,Galicia,Vigo

Caballero reclama á Xunta a creación dun fondo de acción municipal ante o Covid-19

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, reclamou este luns que as comunidades autónomas apoien aos concellos na súa loita para dar cobertura ás persoas máis necesitadas pola crise xerada coa pandemia do Covid-19.

“É imprescindible que empecen a apoiar aos municipios, Feijóo non solo non creou un fondo se non que recibe os recursos de Vigo que lle envía o Estado e queda con eles”, sinalou o rexedor vigués durante a súa comparecencia en rolda de prensa mediante vídeo conferencia.

Caballero argumentou que o Estado transferiu máis de 20 millóns de euros para política social e a día de hoxe non enviou ningunha achega ao Concello. Por este motivo, o alcalde defende a creación dun fondo de cooperación e acción para todos os municipios de Galicia.

Tamén sinalou que o Concello de Vigo xa empregou máis de 2 millóns de euros en gasto social sen recibir fondos do goberno de Galicia.

Denuncias

Por outra banda, o alcalde informou de que este domingo a Policía Local cursou un total de 21 propostas de sanción polo incumprimento das normas do decreto de alarma. Abel Caballero sinalou que houbo 17 inspeccións en terrazas de establecementos hostaleiros e os axentes denunciaron a dúas por non cumprir as medidas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.