Caballero recrimina á Xunta non ter concedido o caudal ecolóxico en Eiras a principios de outubro

O alcalde de Vigo asegurou esta mañá que Vigo tería auga para 180 ou 190 días se a Xunta tivera construído o transvase comprometido no ano 2011 e se concedera o caudal ecolóxico hai dous meses, a primeira vez que o reclamou o Concello. Respecto da calidade da auga, insistiu en que á de Vigo é 100% potable, aclarando que está ao mesmo nivel que a de Redondela ou a de O Porriño, territorios nos que as potabilizadoras están controladas por Augas de Galicia
Por o 06/12/2017 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Caballero recrimina á Xunta non ter concedido o caudal ecolóxico en Eiras a principios de outubro

O alcalde de Vigo asegurou esta mañá que Vigo tería auga para 180 ou 190 días se a Xunta tivera construído o transvase comprometido no ano 2011 e se concedera o caudal ecolóxico hai dous meses, a primeira vez que o reclamou o Concello. Respecto da calidade da auga, insistiu en que á de Vigo é 100% potable, aclarando que está ao mesmo nivel que a de Redondela ou a de O Porriño, territorios nos que as potabilizadoras están controladas por Augas de Galicia.

Caballero criticou o martes a “neglixencia” da Xunta por non ter construído o transvase de emerxencia desde o Verdugo ata a presa de Eiras, unha infraestrutura comprometida xa en 2011. Na súa opinión, esta medida, unida á redución do caudal ecolóxico que a Xunta se negou a conceder ata o de agora, permitirían a Vigo contar con auga para 180 ou 190 días, e non para 74 días, como sucede na actualidade. En declaracións aos medios, Caballero acusou á Xunta de actuar con “desidia e botar balóns fóra”, lembrando que a Xunta nega en Vigo o que si aproba noutras zonas, aludindo á presa de Baiona, rexentada por Augas de Galicia, que ten caudal ecolóxico cero.

O rexedor garantiu que a auga en Vigo é “100% potable”, con analíticas que a sitúan ao mesmo nivel que as augas de Redondela ou de a zona do Louro -nestes territorios as estacións de tratamento son xestionadas por Augas de Galicia-. As tres infraestruturas aplican o mesmo nivel de tratamento de potabilidade pero, a Xunta só parece dubidar da calidade da auga de Vigo, recriminou.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.