Caballero refírese á k9 como un “modelo sensacional” cun previsible éxito no mercado

Abel Caballero visitou esta mañá o centro de Vigo do Groupe PSA onde se achegou ao proceso de fabricación da k9, un vehículo que cualificou de “sensacional”. Logo do percorrido pola factoría, felicitou ao todos os traballadores aos que lles garantiu apoio municipal.
Por o 13/03/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Caballero refírese á k9 como un “modelo sensacional” cun previsible éxito no mercado

O alcalde de Vigo cualificou esta mañá a k9 como “un vehículo sensacional”, unha vez que tivo a oportunidade de subirse ao volante deste novo modelo durante a visita que realizou esta mañá ao centro de Vigo de Groupe PSA. Augurou o “previsible” éxito da k9 en termos do mercado e avanzou que “queremos que unha das primeiras á venda sexan para o Concello”. Acompañado polo director, Frédéric Puech, compareceu ante os medios para felicitar ao conxunto do cadro de persoal da factoría ao que lle garantiu todo o apoio municipal. Asegurou que a produción masiva da k9 vai garantir o futuro industrial en Vigo desde “onde se compite co resto do mundo”, blindando o emprego a lo menos por unha década, “unha grande noticia para Vigo, para Galicia e para España”, insistiu.

Durante a visita pola factoría, Caballero, “comprobou e entendeu” o gran proceso de adaptación da factoría para implementar a fabricación deste modelo. “É un alarde de tecnoloxía, de organización humana, de ser capaces de adaptar a fabricación doutros vehículos coa produción masiva da k9. “Visualizamos un proxecto de éxito, sensacional, que aglutina as novas e máximas tecnoloxías e combina á perfección vehículo comercial e familiar”, concluíu.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.