Caballero reivindica que os concellos poidan gastar os 7.000 millóns de superávit que xeraron en 2016

O presidente da FEMP reiterou esta mañá a petición de que as corporacións locais poidan investir o seu superávit en 2017, situado en 7.000 millóns aproximadamente. Resaltou que é a eficiencia dos concellos e das deputacións é a que permitiu que España cumprira os requisitos de déficit impostos dese Europa.
Por o 31/03/2017 | Sección: Concello de Vigo,Vigo
Caballero reivindica que os concellos poidan gastar os 7.000 millóns de superávit que xeraron en 2016

O alcalde de Vigo reivindicou esta mañá a xestión económica das corporacións locais que en 2016 alcanzaron un superávit do 0,64 do PIB -a cifra máis alta da súa historia- que equivale a 7.000 millóns aproximadamente. Grazas a estas cifras, España, por primeira vez, cumpre cos requisitos europeos de déficit, dixo. En declaracións aos medios e como presidente da FEMP, quixo felicitar publicamente aos 8.125 concellos, deputacións, cabidos e consellos insulares porque “grazas a súa eficiencia, España cumpre os re Bruxelas”.

O rexedor resaltou que as corporacións melloramos nun 1,7 puntos con respecto a 2015 e o noso obxectivo era equilibrio orzamentario, polo que achegamos 7.000 millóns ao saneamento económico de España. Reclamou que estes 7.000 millóns “sexan gastados polas corporacións en cada unha das localidades nas que se xerou ese aforro”, para poder facer política social, emprego, investimentos, deporte ou cultura, políticas en favor do cidadán, engadiu.

Asegurou sentirse “infinitamente preocupado” polo que se coñece da lei de orzamentos no que concirne a permitir que os concellos executen ese superávit en 2017. “Non poderemos usar os aforros dos nosos cidadáns en favor dos nosos cidadáns, e os usarán outras administracións”. Neste mesma liña, avanzou que o Estado está entrando nunha “liña altamente preocupante” ao falar de condonar a débeda ás comunidades autónomas incumpridoras e castigar ás administracións que se cumpren.

Finalmente, anunciou a convocatoria dunha Xunta de Goberno da FEMP o próximo 6 de abril e non descartou decisións posteriores. En verbas de Caballero, esta decisión do Goberno “nin está na lóxica da eficiencia nin é o que se nos dixo tempo atrás”.