Caballero remarca que a constitución da Asemblea Metropolitana “culmina unha acción de moitos anos de traballo”

Publicado por o día 30/11/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

Caballero remarca que a constitución da Asemblea Metropolitana “culmina unha acción de moitos anos de traballo”

O rexedor asegura que mañá xoves será un “día moi importante” para a cidade porque “nos construímos como territorio metropolitano”. Todos os conselleiros metropolitanos están convocados mañá ás 11,00 horas na Casa das Artes.

A constitución da Asemblea Metropolitana -prevista para mañá xoves ás 11,00 h- supón “a culminación de moitos anos de traballo para conseguir a Área”, dixo o rexedor nunha rolda de prensa na que tamén anunciou a convocatoria de todos os conselleiros nun acto que será moi importante para a cidade porque nos construímos como territorio metropolitano, pasando á vangarda da agrupación territorial en toda España.

O rexedor criticou as inxerencias da Xunta na conformación do ente, reiterando que o papel do Goberno autonómico rematou coa aprobación da lei porque “somos os concellos os que temos que constituír a Área e levala adiante pensando sempre nos cidadáns”.