Caballero, satisfeito porque Vigo sexa a primeira cidade española en pago a provedores

Publicado por o 18/04/2017
Caballero, satisfeito porque Vigo sexa a primeira cidade española en pago a provedores

O Ministerio de Facenda vén de publicar os datos de pagamento a provedores relativos ao primeiro trimestre de 2017 que certifican, en palabras do rexedor, que Vigo é a primeira cidade española en prontitude de pago entre aquelas que teñen máis de 75.000 habitantes. “Somos os mellores pagadores de toda España e é unha satisfacción porque tamén temos a presión fiscal máis baixa de Galicia e probablemente sexamos a única cidade de Europa con débeda cero, o que sinala un perfil certamente notable e quero transmitirllo á cidadanía”.

Para Caballero este é un tema importante porque implica “xeración de emprego por parte das empresas que traballan cos concellos, coas comunidades autónomas e co Goberno de España” xa que, tal e como expuxo, se aboan pronto as súas facturas, as empresas reciben liquidez para aguantar mellor a situación económica e “en Vigo somos os primeiros, pagamos en menos 12 días desde a recepción da factura”, habendo 30 días para aboalas.

O rexedor vigués comparou este dato co doutras administracións, sinalando que a Xunta paga en +20 días, A Coruña en +3, Madrid en +6 días e Barcelona en +2, mentres a media da administración central é de +23 días e a media das corporacións locais é de 60 días.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá