Caballero saúda ao alumnado italiano de intercambio co IES Santa Irene

Publicado por o día 04/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero saúda ao alumnado italiano de intercambio co IES Santa Irene

O rexedor deulle a benvida á cidade aos 16 estudantes italianos que participan nun intercambio co alumnado do IES Santa Irene. Procedentes de Iurea, na rexión de Turín, Caballero animounos a coñecer Vigo e presentoulles algún dos mellores atractivos do Concello.