Caballero solicita á Ministra de Defensa que reconsidere o peche do ISFAS en Vigo

Ante a decisión de cerrar a delegación viguesa do Instituto Social das Forzas Armadas, Abel Caballero iniciará un diálogo coa titular de Defensa para revocar a decisión e manter o servizo na cidade.
Por o 20/02/2019 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
Caballero solicita á Ministra de Defensa que reconsidere o peche do ISFAS en Vigo

“En Vigo, o Instituto atende preto de 4.000 persoas” a maioría militares e persoal dos corpos e forzas de seguridade do Estado xubilados, un número que o rexedor considera “importante”. Por iso lle dirixiu unha carta á Ministra de Defensa pedíndolle que “reconsidere a súa decisión” de peche da subdelegación do ISFAS en Vigo e ofrecéndose a iniciar un diálogo para abordar esta cuestión.

Para Caballero “é unha decisión equivocada; non se pode danar á cidade porque non sexa capital de provincia cando atende a un número importante de xente de idade con dificultades para moverse. Estamos limitando seriamente a calidade de vida de moita xente”.

Así, o alcalde anunciou que tratará de “reverter” a decisión estando disposto a asinar un convenio co Ministerio de Defensa para asumir “conxuntamente a permanencia desta oficina. Non imos deixar que se desmantelen os servizos públicos nin a atención cidadá en Vigo”. Amosou a súa confianza en que a titular de Defensa, Margarita Robles, “unha persoa con acción e preocupación social, entenda ben o que significa cerrar esta actividade nesta zona con medio millón de persoas”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.