Caballero subliña o éxito dos concertos de Castrelos e anuncia dez para o próximo verán

Crystal Fighters pechou onte xoves a programación de concertos deste verán no auditorio ao aire libre de Castrelos, cunha “afluencia masiva” de público, certificou o alcalde, quen adiantou que o próximo ano se duplicarán as actuacións neste emblemático recinto ata chegar á decena.
Publicado por o día 04/08/2017 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Caballero subliña o éxito dos concertos de Castrelos e anuncia dez para o próximo verán

O alcalde puxo en valor este venres o éxito “apoteótico” e a “afluencia masiva” aos cinco concertos programados este ano polo Concello no auditorio de Castrelos, actuacións que concluíron onte coa banda británica Crystal Fighters.

Neste sentido, Abel Caballero anunciou que o próximo verán a cifra de grandes concertos se duplicará ata chegar aos dez. Engadiu o rexedor que un destes “será un dos grandes concertos que se poden facer neste momento en Europa”.

Na próxima semana, o auditorio de Castrelos adicarase aos máis pequenos, cos espectáculos Cativo-Musicais de entrada gratuíta que comezan o luns coa Patrulla Canina, ás 20 horas. Á mesma hora, o martes estará “Gisela e o Libro Máxico” e o mércores, Alborotados. O xoves, ás nove da noite, será a quenda de Paula Rojo e o venres, ás oito, “A marabillosa historia da bela durminte”.