Caballero traslada o seu pésame e o de toda a cidade á familia de Alejandro Gómez

Abel Caballero acudiu este luns ao tanatorio de Pereiro para dar o seu pésame no nome de toda a cidade á familia de Alejandro Gómez, finado este domingo no seu domicilio de Zamáns. O alcalde destacou a figura do atleta vigués e a súa labor para difundir o espírito deportivo.
Publicado por o día 01/02/2021 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns a capela ardente do atleta Alejandro Gómez no tanatorio de Pereiro e trasladou a súa familia o seu pésame e dor no nome de toda a cidade. “Foi un grande atleta, un gran campión”, sinalou o rexedor durante a rolda de prensa.

Caballero destacou a labor vital do atleta vigués para “atender, ensinar, difundir e facer que os mozos se achegasen ao deporte”. Tamén sinalou o alcalde que foi “un honor” entregarlle a distinción de Vigués Distinguido o pasado ano. “Era o galardón máis merecido, pero ademais demostrou sempre co seu comportamento unha grande capacidade de transmitir bonhomía e espírito deportivo, saber gañar e perder, con Alejandro Gómez tivemos unha grande forma de entender o deporte”, apuntou.