Cachado un kamikaze en Torrecedeira

Publicado por o día 06/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Cachado un kamikaze en Torrecedeira
Na mañá do día de onte ás 10:23 horas, os axentes da Unidade SINTRA (Servizo de Inspección de Transportes), observaron a un turismo pola zona de Torrecedeira, circulando un tramo da vía en sentido contrario ao da marcha.
 
Tratábase dun taxi, xustificando o condutor esta acción baixo a escusa de atender un servizo contratado, e atoparse de camiño para recoller ao cliente.
 
Os actuantes procederon a verificar a situación administrativa do vehículo solicitando ao apuntado J. J. I, de Vigo e 58 anos de idade, a documentación que debe portar para realización do servizo ordinario.
 
A resultas desta xestión, pescudaron que carece de tarxeta de transportes de servizo público, documento que lle habilita para o exercicio da actividade.
 
En consecuencia, contactaron telefonicamente co departamento municipal de transportes, sendo informados que ten un expediente aberto, á espera de resolución do mesmo para a anulación da licenza municipal.
 
Confeccionando os axentes o correspondente informe sobre esta incidencia, para achegar ao expediente xa iniciado e axilizar a súa finalización.
 

Outro caso

 
Esta madrugada ás 06:05 horas, axentes da Policía Local de Vigo atopábanse na rúa Tomas A. Alonso realizando un control de tráfico no ámbito da Seguridade Viaria, procedendo a dar o alto ao condutor dun turismo.
 
O citado, F. F. D, de Vigo e de 52 anos de idade, unha vez detido polo axentes, procederon a solicitarlle a documentación do vehículo para verificación dos datos.
 
Realizando esta xestión e entrevistados co citado, os actuantes comprobaron que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.
 
Por este motivo procederon a realizarlle as probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, arroxando estas un resultado positivo de 0,72 e 0,69 mg/ l de alcol por aire expirado, o que excede o límite penal establecido.
 
Por este motivo instruíronse dilixencias para o efecto, para o seu traslado á autoridade xudicial competente.