Cachan infraganti tirando material de refugallo de obra nunha zona do monte de Saians

Publicado por o día 21/06/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Cachan infraganti tirando material de refugallo de obra nunha zona do monte de Saians

No día de onte ás 19:56 a Policía Local de Vigo recibio unha chamada, a chamada era respecto a uns usuarios dunha furgoneta tirando material de refugallo de obra nunha zona do monte de Saians abandonando o lugar tras realizar estas operacións, aínda que o solicitante puidera tomar a placa de matrícula a cal facilitou aos axentes.

A Patrulla en primeiro lugar trasladouse ao lugar para verificar a citada vertedura localizando os entullos.
Tras esta primeira actuación mediante cotexo de datos na base telemática pescudaron o teléfono de contacto do responsable da empresa causante da vertedura ilegal, indicándolle que debía de maneira inmediata a proceder á retirada do refugallo.

O lugar desprazáronse tres empregados que recolleron todo o tirado circunstancia que non evitará a actuación en materia sancionadora en atención ao establecido á actual Ordenanza de Medio.