Cadea humana desde o Sereo á Oliveira do Paseo de Alfonso para rexeitar o túnel de Porta do Sol

“A Oliveira quere unirse co Sereo coas mans da xente, non co fume dos coches” foi o lema dunha cadea humana que uniu a Oliveira do Paseo de Alfonso co Sereo na Porta do Sol reclamando una peonalización total que desbote o proxecto do tunel
Publicado por o día 24/09/2019 na sección de Galicia,Protestas,Vigo

Cadea humana desde o Sereo á Oliveira do Paseo de Alfonso para rexeitar o túnel de Porta do Sol

O acto, que deu inicio aos actos da Semana de Loita contra o Cambio Climático foi promovido  polo movemento de Vigo Histórico e distintos colectivos como Fridays For Future-Vigo, Movemento Galego polo Clima, Vigo sen Bombeiros que comparten a idea de que a cidadanía viguesa merece moito máis que peonalizar solo a porta do sol, e perpetuar a contaminación en Vigo.

Cando todas as vilas de Europa camiñan hacia a retirada dos vehículos dos seus centros urbans, en Vigo estamos a metelos de cheo no corazón da cidade.  Dende  VigoHistorico pensamos que o proxecto de peonalización da Porta do Sol é unha peonalización ornamental, pero non real, xa que non reduce o tráfico. É máis. Traslada á cidadanía a mensaxe de seguir utilizando o coche particular, cando a mensaxe que pide o planeta é outro: utilizade o transporte público, as bicicletas, camiñade!.

Ademáis do impacto ecolóxico, en VigoHistórico tamén pensamos que se vai botar a perder o Paseo de Alfonso, condenado ao tráfico, cando o que merece é ser completamente peonil. Vaise estragar tamén Elduayen, porque vai estar sucado polas ruidosas ramblas onde entrarán e sairán os coches. E mesmo a peonalización da porta do Sol non vai ser todo o atractiva que debería ser, pois estará deslucida polos ruidos e fumes de vehiculos entrando e saindo do túnel. Para facerse una idea basta con lembrarse do Berbés.

Sen esquencer o impacto no Camiño de Santiago, que pasa xusto por aquí.

Tal como declarou o voceiro de #VigoHistorico “Esta obra é de inicio inminente, pero ainda non comezou. Mentres non haxa túnel hai esperanza. Así que imos xuntarnos todas e todos para unir os dous símbolos da cidade: a Oliveira e e o Sereo, para por en valor o espazo que quedará estragado polo túnel, e para reclamar unha peonización de verdade”

O acto finalizou cunhas significativas palabras dirixidas ao alcalde de Vigo, Abel Caballero: As viguesas e vigueses confiaron masivamente en vostede. É o alcalde coa maoiria máis ampla de todas as cidades de España. A cidadanía viguesa deulle  poder absoluto para que nos represente, para que nos goberne, para que nos defenda, pero sobre todo…. para que nos escoite.

Cadea humana por unha peonalización que non xere más cambio climático e contaminación.

#VigoUn abrazo colectivo reuniu onte a centos de persoas desde o paseo de Alfonso á Porta do Sol. O acto servíu para simbolizar o inicio da Semana de Loita contra o Cambio Climático que organizan varios colectivos como Fridays For Future-Vigo, Movemento Galego polo Clima, Vigo sen Bombeiros e Vigo Histórico. Entre todas abordan diferentes temas relacionados co cambio climático, desde o estado dos montes, a alimentación, o uso de enerxías alternativas ou o uso de medios de transporte menos contaminantes. No caso de Vigo Histórico, que abríu onte as protestas, piden ao Concello que revise o plan para construír un túnel baixo á Porta do Sol co fin de peonalizar 200 metros de rúa.

Publicada por Noticias de Vigo en Lunes, 23 de septiembre de 2019

Comentar noticia

Your email address will not be published.