Cadete masculino C do C.B. Seis do Nadal Coia proclamouse campión da Copa Primavera da Segunda División

Publicado por o día 05/06/2017 na sección de Baloncesto,Deportes,Vigo

Cadete masculino C do C.B. Seis do Nadal Coia proclamouse campión da Copa Primavera da Segunda División

O Cadete Masculino “C”, Divina Pastora Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado e dirixido por Pablo Alonso e Álvaro Vidal, proclamouse campión da Copa Primavera da Liga 2ª División Cadete Maculina da presente tempada 2016/2017.

O noso equipo disputou a final da Copa Primavera tras rematar no primeiro posto do Grupo “B” cun balance de dúas vitorias nos dous partidos disputados. Na final ante o Defensores do Morrazo, primeiros clasificados do Grupo “A”, o Divina Pastora Seis do Nadal conseguía a vitoria no IES Rodeira cun 53-65.