Cae a fachada dunha casa abandonada en Monforte de Lemos

Publicado por o día 31/12/2017 na sección de Sucesos

Cae a fachada dunha casa abandonada en Monforte de Lemos

A fachada dunha casa abandonada de tres andares veuse abaixo a pasada noite en Monforte de Lemos. Os feitos producíronse na rúa Calvo Sotelo, moi preto da estación de tren.

Segundo puido saber o 112 Galicia, os cascotes esmagaron un coche e obstaculizaron a circulación na estrada, que quedou cortada ao tráfico.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 05:00 horas, a través da alerta dun particular.

Acto seguido, dende o CIAE púxose a situación en coñecemento da Policía Local e dos Bombeiros de Monforte, que se achegaron ata o lugar dos feitos para comprobar que ningunha persoa se atopaba no interior do turismo esmagado. Tamén, dende o CIAE pasouse o aviso a Protección Civil e ao 061-Urxencias Sanitarias.