Cae unha ambulancia ao río en Touro con cinco persoas no seu interior

Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Sucesos

Cae unha ambulancia ao río en Touro con cinco persoas no seu interior

Cinco persoas precisaron asistencia médica despois de que a ambulancia na que circulaban caese ao río en Touro, á altura de Bendaña. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, todas elas estaban accesibles tras o sinistro.

O accidente ocorreu uns minutos antes das 7:15 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do ocorrido.

Acto seguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Deza e de Arzúa, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces e de Touro.

Segundo se lle indicou ao CIAE 112 Galicia, as cinco persoas implicadas no accidente foron trasladadas ao Hospital Clínico Universitario de Santiago.