Cae unha rama dunha árbore nun vehiculo no Calvario

Publicado por o día 23/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Cae unha rama dunha árbore nun  vehiculo no Calvario

Na tarde de onte ás 18:18 horas, tívose constancia, mediante nova chamada telefónica á Sala Operativa do 092 da Policía Local de Vigo, na zona do Calvario da caída dunha rama de árbore sobre un vehículo.

Ao lugar trasladouse unha Unidade Policial que foi requirida por un veciño e testemuña do feito que resultou ser J. O. T, de 55 anos de idade.

Indicou o lugar da caída, ao obxecto de identificar ao titular do vehículo para facilitar a súa localización e informarlle do sucedido.

Realizada esta xestión, procedeuse a retirar a rama, quedando á beira do vehículo, nunha zona na que non afectaba o tráfico de vehículos nin ao tránsito de peóns.

A maiores elaborouse informe para que se proceda a pódaa das árbores da zona, co fin de evitar que se volva a producir este tipo de situacións

Comentar noticia

Your email address will not be published.