O café De Catro a Catro presenta a quinta edición do concurso de relatos “MicroCatrorelatos”

Publicado por o día 05/12/2016 na sección de Cultura,Vigo

O café De Catro a Catro presenta a quinta edición do  concurso de relatos “MicroCatrorelatos”

O café De Catro a Catro –en colaboración coas editoriais Galaxia, Xerais, Elvira e 4 Patacos- convoca, para o ano 2017, a quinta edición do certame de relatos curtos “Microcatrorelatos”. Trátase dun concurso que se desenvolverá entre xaneiro e maio, meses nos que se desenvolverán catro eliminatorias previas, e que busca fomentar o uso do galego na escrita.

DÍA: 7 de decembro.

HORA: 18 horas.

LUGAR: Café de Catro a Catro.

PRESENTARÁN: Clara de Roxos e Amadeo Cobas, escritores e integrantes do xurado.