Café Feminista chega ao barrio de Navia

Publicado por o día 15/12/2017 na sección de Eventos,Vigo

Café Feminista chega ao barrio de Navia

Informamos que o vindeiro Café Feminista deste mes de Decembro será este sábado 16 de decembro ás 11h no local da Asociación Veciñal Novo Vigo de Navia (Teixugueiras, 11 P6-OF.9B) falaran sobre a Feminización da Pobreza e cómo nos afecta ás mulleres de forma máis severa dende a brecha salarial até a xubilación.

Contaran coa presenza de varias persoas expertas en diferentes eidos: Vitoria Portas (representante de MODEPEN -Movemento Galego pola defensa das pensións-), Antón Bouzas (Educador Social que traballou na Unidade Asistencial de Drogodependencias do concello de Vigo –CEDRO– e cofundador do Grupo de autoapoio, VIH e adiccións “Imán”) e Marta Sacau (feminista e voluntaria actualmente na ONG “A las 5“).

Agradecemos a difusión entre os vosos contactos e agardamos a vosa presenza.