Caída de moto en Abegondo

Publicado por o día 07/09/2018 na sección de Sucesos

Caída de moto en Abegondo

Ás 18:40 horas de onte, no concello coruñés de Abegondo, un motorista sufriu unha caída cando circulaba pola AC-542, entre Betanzos e Mesón do Vento. Como consecuencia do impacto, o motorista quedou tendido na vía e, segundo aseguraron as testemuñas do sinistro, estaba ferido de gravidade e co casco desprazado. Así, desde o 112 Galicia, avisouse aos profesionais sanitarios, así como aos Bombeiros de Betanzos e aos voluntarios de Protección Civil de Abegondo.

Finalmente, o ferido foi trasladado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao complexo hospitalario de referencia.