Un eucalipto dá un susto en Vigo

Publicado por o día 22/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Un eucalipto dá un susto en Vigo

Este suceso tívose constancia grazas a unha chamada telefonica á Sala Operativa do 092 da Policía Local de Vigo ás 12:38 horas.

Pola Estrada de Clara Campoamor circulaba un vehículo cando se viu sorprendido pola caída dunha árbore, un eucalipto,  que lle golpeou no lateral dereito cunha das súas ramas.

O seu condutor S. P. P, de 69 anos de idade resultou ileso, máis aló da impresión que o suceso lle produciu nun primeiro momento.

Ao lugar desprazáronse membros deste corpo da Policía Local de Vigo, en labores de regulación de tráfico, para facilitar o traballo da dotación do servizo de extinción de incendios que procederon a cortar e retirar os restos da árbore da calzada.