Caída por un terraplén en Vigo

Publicado por o d√≠a 28/12/2017 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Caída por un terraplén en Vigo

Un vehículo saíuse da vía e caeu por un terraplén de dous metros na circunvalación de Castrelos a Salgueira. No interior do coche viaxaban un total de tres persoas que necesitaron axuda para abandonar o vehículo, ademais de asistencia médica debido ás contusións e golpes que recibiron.

O CIAE 112 Galicia tivo co√Īecemento do suceso arredor das 19:30 horas de onte a trav√©s de varias chamadas de particulares que circulaban pola zona e se decataron do veh√≠culo envorcado no fondo dun terrapl√©n duns dous metros de altura.

Ao lugar do sinistro acudiron os bombeiros da cidade, ademais dos profesionais sanitarios e os axentes da Policía Local.