Caídas do sistema informático da sala do 091 non permite atender as emerxencias

Por o 18/01/2019 | Sección: Sindicatos,Sucesos,SUP Galicia
Caídas do sistema informático da sala do 091 non permite atender as emerxencias

É coñecido o déficit de persoal que presenta a Comisaría de Policía da Coruña, contorna a un 20% do seu persoal, e que repercute directamente no servizo que se lle presta ao cidadán, con menos radiopatrullas na rúa, longas horas de espera na Oficina de Denuncias… a iso hai que engadir as caídas do sistema informático da Sala do 091 que provoca que o cidadán non poida contactar coa policía en caso de emerxencia, como ocorreu este pasado domingo día 13 pola noite, quedando varias chamadas sen atender, entre elas un roubo con forza nun establecemento.

O pasado febreiro de 2017 produciuse a Centralización da Sala do 091 da Comisaría Provincial da Coruña, de 4: A Coruña, Santiago de Compostela, Ribeira, Ferrol, pásase a unha soa na Coruña, que atende todas as chamadas da provincia, co mesmo persoal que se encargaba única e exclusivamente da Comisaría da cidade.

Desde ese momento, producíronse baixas de funcionarios policiais, traslados, ascensos, repercutindo á baixa no número de efectivos, máis carga de traballo para o persoal alí destinado, e unha xornada laboral que, para nada, facilita o labor dos policías, nin persoal nin laboralmente, provocando con eles momentos de tensións para o persoal laboral.

“QUEREMOS LEMBRAR QUE O SUP NON VOTOU A XORNADA LABORAL IMPOSTA, VIXENTE NA ACTUALIDADE E LAMENTABLEMENTE O TEMPO ESTÁ A DARNOS A RAZÓN” denuncia o SUP.

Por iso solicitamos á Xefatura Superior de Policía de Galicia que tome as medidas oportunas en aras de dimensionar correctamente a Sala do 091, cubrindo as vacantes existentes e poder reverter a situación descrita e así dar un SERVIZO PÚBLICO NAS CONDICIÓNS ÓPTIMAS, e así os funcionarios poder conciliar a súa vida laboral e persoal, rematan deste o sindicato unificado de policías.

Comentar noticia

Your email address will not be published.