“Caldelas Aventura”, suspendida definitivamente tralo as previsións meteorolóxicas

A choiva deste pasado fin de semana obrigou a retirala do almanaque
Por o 14/05/2018 | Sección: Galicia,Ponte Caldelas
“Caldelas Aventura”, suspendida definitivamente tralo as previsións meteorolóxicas
Compartir en:

A actividade lúdica para toda a familia “Caldelas Aventura”,  que tras varios aprazamentos por mor de choiva queda definitivamente suspendida. O Concello de Ponte Caldelas lamenta o infortunio coa meteoroloxía que vén impedindo a celebración deste evento dende finais do pasado mes de febreiro.

Ademais, diante do comezo das actividades das Festas de Verán de Ponte Caldelas este mes de xuño, opta por retirala do calendario en lugar dun novo aprazamento. Non obstante, o Concello valorará a súa inclusión estable a partir do ano próximo.

O empeoramento das  previsións meteorolóxicas, que a principios desta semana albiscaban bo tempo para o domingo, foi determinante. A actividade precisa de tempo seco para garantir a total seguridade dos participantes. Máis aínda, resulta aconsellable que non chova no día anterior para facer posible a montaxe.

O Concello e a empresa especializada Galaicaventura, a mesma que organiza actividades como o barranquismo nas fervenzas de A Roca no río Verdugo, lamentan a suspensión da actividade, que tiña suscitado un gran interese.