Caldelas Viaxa arrancará o 28 de marzo cunha excursión de fin de semana a Asturias

Este ano programaranse mínimo seis saídas para veciños empadronados
Publicado por o día 09/01/2020 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

Caldelas Viaxa arrancará o 28 de marzo cunha excursión de fin de semana a Asturias

Caldelas Viaxa, o programa de excursións para a veciñanza de Ponte Caldelas, arrancará o vindeiro 28 de marzo cunha excursión de fin de semana a Asturias. Esta será a primeira das saídas que están previstas para este ano, e que se irán desvelando en cada unha das excursión que se realicen.

Deste xeito, os días 28 e 29 de marzo terá lugar a primeira destas saídas que percorrerá a veciña Asturias e que terá varias paradas para que os veciños de Ponte Caldelas que participan da excursión poidan coñecer e desfrutar das espectaculares paraxes e vilas desta comunidade autónoma. Os participantes durmirán e visitarán Gijón e tamén a localidade de Santillana del Mar.

Este é a quinta edición do programa Caldelas Viaxa, que dende os seus inicios desplazou a máis de 3.000 persoas por diferentes puntos da comunidade galega, asturiana e o veciño país de Portugal. Estas excursións axudan a que as persoas máis maiores do concello poidan moverse e visitar novos lugares a un prezo moi reducido e asequible para todos os bolsillos.