Cambio de sede da xornada “Mulleres e Saúde”: Café de Catro a Catro (Vigo)

O Café de Catro a Catro acollerá as xornadas sobre saúde das mulleres que van ter lugar o vindeiro sábado 15 en Vigo a partir das 11:00h
Publicado por o día 13/12/2018 na sección de Eventos,AGE,Galicia,Política,Vigo

Cambio de sede da xornada “Mulleres e Saúde”: Café de Catro a Catro (Vigo)

A xornada “Mulleres e Saúde” (PROGRAMA) prevista para este sábado día 15 en Vigo terá lugar no Café de Catro a Catro, na Rúa de Girona Nº16.

Trátase dunha xornada aberta, dirixida a todas as persoas interesadas en abordar claves de análise que permitan avanzar na transversalización da perspectiva de xénero no ámbito da saúde.

Comezará ás 11:00 horas coa apertura da mesma a cargo da propia Lídia Senra. A continuación desenvolverase un coloquio titulado “O tratamento médico das mulleres” no que participará a presidenta da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, María Luisa Lores, que ten estudada a medicalización e a calidade de vida das mulleres galegas; e Carmiña Mosqueira, que traballou como epidemióloga da Consellería de Sanidade de Asturias e actualmente está xubilada e ten estudado o cribado de cancro de mama por mamografía.

A partir das 13:00 horasAlicia Capilla, presidenta da Asociación de Afectadas pola Vacina do Papilima Humano (AAVP),  exporá a experiencia das mulleres vacinadas organizadas nesta asociación. A activista da Marcha Mundial das Mulleres María Montenegro, encargarase de presentar a charla e de moderar o debate posterior.

Ás 14.00hrs. proporcionaranse declaracións aos medios de comunicación no mesmo lugar da xornada. 

Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas, terá lugar o coloquio titulado “A violencia obstétrica, unha realidade que hai que sacar á luz para tecer sororidade”. Nel intervirán Elena Gil Rodríguez, experta na situación actual de atención ao embarazo, parto e saúde das mulleres, co-coordinadora galega de O Parto é Noso e responsable do grupo de Vigo; e Iria Pinheiro, nai, actriz e protagonista de ‘Anatomía dunha serea’ de Chévere BerberecheiraA xinecóloga Isabel Blanco será a moderadora.

A asistencia á xornada é aberta e gratuíta, podendo participar todas as persoas interesadas nos coloquios que consideren.