Caminha e A Guarda acollen o 21 e 22 de agosto o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño

Publicado por o día 19/08/2020 na sección de A Guarda,Galicia

Caminha e A Guarda acollen o 21 e 22 de agosto o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño

A Cámara Municipal de Caminha(Portugal) e o Concello da Guarda, ultiman xa os preparativos para o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño, un evento cultural que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos concellos veciños a ámbalas dúas ribeiras do Río Miño.

Nesta primeira edición participarán os concellos portugueses de Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença do Minho, Monçao, Melgaço e Paredes de Coura e os concellos galegos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, e Crecente, todos eles aportarán a mellor selección dos exemplares producidos no Baixo e Alto Minho, ou que versen sobre esta rexión, cun total de máis de 150 títulos diferentes.

O evento conta coa organización da Camara Municipal de Caminha, do Concello da Guarda, da Junta de Freguesia de Caminha e Vilarelho e do Jornal Digital [email protected]

O evento terá inicio na tarde do venres 21 en horario de 20:00h a 22:00h(ESP) e continuará na xornada do sábado 22 en horario de mañá de 11:00 h a 14:00 h e pola tarde de 18:30 h a 21:30 h (ESP).

PROGRAMACIÓN

I FEIRA DO LIBRO LUSO-GALAICA DA RIBEIRA DO MIÑO

21 agosto 20:00H – 22:00H | 22 agosto 11:00 h. a 14:00 h. e 18:30 h. a 21:30 h

[Praza Avelino Vicente(As de Copas), A Guarda]

VENRES 21,  20:00 h. a 22 h

– 20:00 horas: Inicio do evento coas personalidades políticas e os técnicos de cultura dos respectivos concellos participantes.

–  20:45-21:25 horas: Inauguración do evento con Aser Álvarez González. Director de Arraianos Producións. Presentación da publicación Galicia Rural, un proxecto documental multimedia elaborado en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, que propón ideas para unha reflexión sobre a realidade, os desafíos e as posibilidades de futuro do mundo rural galego.

– 21:25-21:55 horas: Carvalho Calero sem fronteiras. Unha viaxe audiovisual pola vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero através dun recital poético e musical de Moisés Quintas e Aser Álvarez. Producido por Arraianos Producións.

– 22:00 horas: Peche do venres.

SÁBADO 22, pola mañá de 11:00 h. a 14:00 h. e pola tarde de 18:30 h. a 21:30 h.

– 11:00horas: Apertura do sábado.

– 11:05-11:55 horas: ContaContos con Marisol Diz, bibliotecaria de A Guarda e Liliana Geraldes , a cal presentará o seu libro infantil Clara e a illa de plástico

– 12:00-12:40 horas: Ricardo Vicente(Infogauda) e Luís Almeida(promotor do evento e director de Caminha 2000). Luis Almeida falará sobre os seus 20 anos a fronte da súa empresa e da Comunicación rexional.

– 12:45-13:15 horas: Puri Ameixide, “O paso do Miño en 1809: Historia e Literatura á lúz da lúa”. Puri Ameixide é profesora de lingua e literatura galegas no IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, e autora das novelas Nada se esquece (Redelibros, 2013) e Claro de Lúa (Xerais, 2018). Claro de lúa transcorre no Baixo Miño a comezos do XIX, cando o paso do Miño polas tropas napoleónicas camiño do Porto, aportando unha visión desta guerra moi diferente da chamada “Guerra da Independencia”.

– 13:15-13:45 horas: Actuación musical. Academia de Música Fernández Fao

– 14:00 horas: Peche da mañá do sábado.

– 18:30 horas : Apertura pola tarde.

– 19:15 -19:45 horas: O Rosal estará representado polo autor Praxíteles. Coñecido xa pola súa obra Yo también emigré a la República Federal de Alemania (1960-1980) e que fará un percorrido a través das súas obras.

– 20:00-20:30 horas: O historiador local guardés Miguel Villa, escritor de numerosos libros sobre a Sociedade Pro Monte ou as Casas Indianas, falaranos desta vez sobre os temas históricos abordados nos seus libros.

– 20:45-21:15 horas: Recital de poesía a cargo de Krisalida, poeta portuguesa da Ribeira do Miño.

– 21:30 horas: Peche do evento.

I FEIRA DO LIVRO LUSO-GALAICA DA RIBEIRA MINHO

21 a 23 agosto | 15H00 às 23H00

[Praça Conselheiro Silva Torres, Caminha]

SEXTA-FEIRA 21 AGOSTO

15H00 – ABERTURA DA FEIRA

15H30 – 100 anos – José Correia |Aniversário de um artesão do concelho de Caminha

apresentação do vídeo do José Correia – Caminha2000

18H00 – ABERTURA OFICIAL

[Arcadas dos Paços do Concelho – Praça Conselheiro Silva Torres]

  • Presidente da Câmara Municipal de Caminha
  • Alcalde do Concello de A Guarda
  • Presidente da União de Freguesias de Caminha e Vilarelho
  • Luís Almeida, Diretor do Jornal Caminha2000

22H00 – RECITAL DE MÚSICA | ACADEMIA DE MÚSICA FERNANDES FÃO

[Arcadas dos Paços do Concelho – Praça Conselheiro Silva Torres]

– APRESENTAÇÃO DO LIVRO “PEIXES DO RIO MINHO – RECEITAS COM HISTÓRIA”, de João Guterres

Moderador: Paulo Torres Bento, Historiador

SÁBADO 22 AGOSTO

16H00 – “O MUNDO ENCANTADO DOS LIVROS” – Hora do Conto através de um livro de Joana Estima C. da Rocha | Porta de Cena

[Arcadas dos Paços do Concelho – Praça Conselheiro Silva Torres]

18H00 – Aser Álvares González – Diretor de Arraianos Producións – apresentação de “Galicia Rural” – projeto documental multimédia que propõe ideias para uma reflexão sobre a realidade, os desafios e as possibilidades de futuro do mundo rural galego.

[Arcadas dos Paços do Concelho – Praça Conselheiro Silva Torres]

19H00 – CORO FUSCALHEIRO, de A Guarda

[Praça Conselheiro Silva Torres, Caminha]

DOMINGO 23 AGOSTO

16H00 – Hora do conto e Workshop com a autora Liliana Geraldes

Apresentação e animação do livro “Clara e a Ilha de Plástico” de Liliana Geraldes

[Arcadas dos Paços do Concelho – Praça Conselheiro Silva Torres]

17H00 – RECITAL DE POESIA DE OBRAS DE AUTORES DO CONCELHO DE CAMINHA | Krisálida

[Arcadas dos Paços do Concelho – Praça Conselheiro Silva Torres]

Comentar noticia

Your email address will not be published.