Campamento de Semana Santa para nenos de 3 a 12 anos en Abertal de Vigo

O Centro Xuvenil Abertal organiza actividades de conciliación familiar abertas a toda a cidade durante as vacacións escolares de Semana Santa.
Por o 25/03/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Campamento de Semana Santa para nenos de 3 a 12 anos en Abertal de Vigo
Compartir en:

O Centro Xuvenil Abertal, socio fundador da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, organiza os días 15, 16, 17 e 22 de Abril as VIII Mañás de Semana Santa nas súas instalacións da rúa Venezuela 3 (baixo).

As actividades desenvolveranse de 09:30 a 14:00 h., ofrecendo, a maiores, servizo de gardería, de 8:45 a 09:30 h sen custo.

Educar en valores a través do xogo, propor unha oferta de tempo libre educativo para os rapaces e rapazas máis novos, e promover unha Semana Santa activa e participativa axeitada ás idades dos participantes, favorecendo a creatividade, a participación e o traballo en equipo son algúns dos obxectivos da realización desta actividade.

Os destinatarios serán nenos e nenas dende 4º de E. Infantil (3 anos) ata 6º de E. Primaria incluídos (12 anos). Contamos con 50 prazas repartidas do seguinte xeito: 25 prazas para os ciclos de E.I. e 25 prazas para os de E.P.

A inscrición realízase en www.abertal.org do 27 de Marzo ó 7 de Abril.

Comentar noticia

Your email address will not be published.