Podemos insta a todas as administracións públicas galegas a que eliminen os plásticos dun só uso nas súas dependencias

A formación lanza en Vilagarcía a campaña Podemos vivir sen plástico, destinada a levar a voz da sociedade civil organizada ás institucións onde conta con representación
Publicado por o día 11/10/2019 na sección de Podemos,Política

Podemos insta a todas as administracións públicas galegas a que eliminen os plásticos dun só uso nas súas dependencias

Podemos Galicia lanzou hoxe en Vilagarcía de Arousa a campaña Podemos vivir sen plástico, que pretentde poner ao servizo das organización cidadás que loitan contra o abuso dos plásticos todas as ferramentas institucionais ao seu alcance para combater unha das peores lacras medioambientais que padece o planeta. Ademáis, Podemos Galicia impulsará en todas as institucións nas que ten representación mocións e iniciativas para reclamar ásadministracións públicas que eliminen o uso de plásticos de un só uso nas instalacións que xestionan, e que impulsen campañas para fomentar o uso de envases e materiais biodegradables.

Así o anunciou o secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, quen lembrou que hai millóns de personas en centenares de países de todo o mundo reclamando medidas efectivas contra a degradación medioambiental e o cambio climático. “Eses movementos están formados sobre todo por xente nova, xente nova que lle pide aos seus gobernos que desperten. Nós estamos con eles”, suliñou.

Gómez Reino presentou a campaña xunto ás deputadas de Podemos no Parlamento de Galicia Luca Chao e Marcos Cal, e a voceira de Marea da Vila Verónica Hermida. No acto, Chao explicou que Podemos levará iniciativas destinadas “a levar a voz da sociedade civil organizada contra o plástico ”aos plenos dos Concellos galegos onde conta con representación e tamén ao Parlamento de Galicia, para reclamar que tanto esa institución como a Xunta de Galicia eliminen nas súas dependencias e instalacións o emprego de plásticos de un só uso.

“Non Hai Planeta B. Iso gritan milleiros de mozas e mozos de todo o mundo cada venres, dando un exemplo de loita e de dignidade”, lembrou Marcos Cal. “Debemos estar á altura da situación de emerxencia ambiental que vivimos. Debemos acompañar ácidadanía galega, que cada día está máis concienciada do cambio profundo que precisa a da nosa relación co medio”, engadíu.

Cal considerou “inadmisible” que o Parlamento de Galicia “use cada mes miles de botellas de aua de plástico”. “Precisamos menos discursos e máis medidas concretas”.

Pola súa banda, Verónica Hermida, secretaria de Feminismos de Podemos Galicia, anunciou que Marea da Vila levará a iniciativa contra os plásticos dun só uso ao pleno do próximo xoves día 24, e reclamará un estudo sobre a xestión dos residuos do Mercado de Vilagarcía co fin de evitar que os plásticos acaben no río Con. Nese mesmo emprazamento, Podemos fará repartos de bolsas de tela e materiais biodegradables para o transporte da cesta da compra.

Comentar noticia

Your email address will not be published.