Inician unha campaña de recollida de sinaturas polo abandono do estacionamento de Foxos en Teis

Publicado por o día 23/03/2018 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

Inician unha campaña de recollida de sinaturas polo abandono do estacionamento de Foxos en Teis

A asemblea veciñal, celebrada na tarde de onte, acordou comezar unha campaña de recollida de sinaturas para reivindicar do Concello de Vigo, unha actuación inmediata no estacionamneto de Foxos, debido ao abandono do mesmo.

No estacionamento público de Foxos,  hai un número importante de fochancas de gran tamaño, a presenza de lixo e abundante vexetación que rodea este espazo público.

Debemos ter en conta que este estacionamento público, usase pola veciñanza que vai mercar ao mercado ou aos comercios da rúa Sanjurjo Badía.

O abandono deste espazo público xa foi denunciado en varias ocasións desde xullo de 2016.

En Teis, padecemos un grave problema de falta de espazo para estacionar, no seu momento acondicionouse este terreo que destinouse como estacionamento, que agora atopase nun absoluto abandono.

Esta situación indica unha falta de capacidade de xestión por parte do goberno municipal de Vigo, que basea a súa xestión en moita propaganda.

Desde a Asociación, esiximos o asfaltado do estacionamento, a retirada do lixo, cortar a vexetación do espazo e do seu entorno.