Campaña subida prezo Vitrasa

Publicado por o día 03/02/2014 na sección de Vigo

Campaña subida prezo Vitrasa

 Ante a nova subida no prezo do Vitrasa, a Xuventude Comunista (XC) vai comezar unha campaña consistente en carteis para as paradas de bus e panfletos informativos, co fin de amosar o seu profundo rexeitamento a esta medida.

Dende a XC esixen a municipalización do tranporte público en Vigo, para que responda ás necesidades do pobo vigués, e non ao lucro dunha empresa privada. Esta é a única alternativa para que os veciños e veciñas de Vigo poidan dispoñer dun transporte público a prezos asequibles, que integre a área metropolitana e os núcleos rurais e que garantice o emprego e as condicións laborais dos traballadores e traballadoras de Vitrasa.

PRENSA XUVENTUDE COMUNISTA

Una respuesta para "Campaña subida prezo Vitrasa"