Campionato galego Promesas de Taekwondo

Por o 09/03/2018 | Sección: Cangas,Galicia
Campionato galego Promesas de Taekwondo

O pasado xoves, día 8 de marzo, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación do Campionato Galego de Promesas de Taekwondo.

Ó acto acudiron Xoán C. Chillón Iglesias, Concelleiro de Deportes, María Bautista, Vice-presidenta da Federación Galega de Taekwondo, e Pablo Casares, Director Deportivo do Club Sares TKD Cangas.

O evento, que terá lugar este sábado 10 de marzo no Pavillón Municipal de O Gatañal, trascorrerá en horario de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.

Na competición participarán 300 taekwondistas das categorías cadete, junior, senior e veteráns achegados desde diferentes punto da xeografía galega.

Este evento deportivo está organizado polo Club Sares TKD Cangas, supervisado pola Federación Galega de Taekwondo e conta co patrocinio da Concellaría de Deportes de Cangas.

 

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.