Campus Joe Arlauckas-Tui 2016

Publicado por o día 02/02/2016 na sección de Baloncesto,Deportes

Campus Joe Arlauckas-Tui 2016

O Campus Joe Arlauckas-Tui volverá abrir as súas portas entre os días 4 e 9 de xullo de 2016, ambos inclusive, datas nas que volverá estar en Tui o estadounidense Joe Arlauckas, director do Campus i ex xogador da NBA e do Real Madrid.

A organización do Campus conta coa colaboración e asesoramento de Moncho López, ex seleccionador de España, Portugal e Angola, na actualidade é adestrador do FC Porto.

Nesta edición volveremos contar con un staff técnico de auténtico luxo, ademais contaremos coa presenza de adestradores de primeiro nivel, así como tamén recibiremos a visita de varios xogadores ACB que departirán as súas experiencias deportivas cos participantes do Campus.

O Campus está enfocado para xogadores de baloncesto nacidos entre os anos 1997 e 2004, que buscan unha mellora física e técnica, ao tempo que comparten experiencias e adestramentos con outros xogadores xa profesionais.

Polo Campus teñen pasado xogadores que xa debutaron nas ligas ACB, LEB Ouro, LEB Prata, EBA, Liga portuguesa e na NCAA americana. Xogadores que fan que este Campus de baloncesto de Tui sexa un referente nacional e internacional.

As inscricións para esta edición 2016 xa están abertas e poden facerse online na seguinte páxina www.campusjoearlauckastui.com , onde ademais atoparán toda a información que precisan sobre o Campus.