Campus multi deporte de Mais Que Auga

Publicado por o día 17/07/2012 na sección de Eventos

Campus multi deporte de Mais Que Auga

No Campus Multideporte de MQA-Barreiro os cativos esquécense do ocio electrónico 

Nas instalacións das areas deportivas municipais de MQA BARREIRO acaba de rematar a primeira quenda da segunda edición do Campus Multideporte de Verán.

O extenso abano de deportes e xogos tradicionais axudan na educación e socialización dos nenos e nenas.

Desde o pasado día 2 de xullo en MQA-Barreiro, os máis cativos da casa participaron na 1ª quenda do II Campus Multideporte, onde se divertiron desde a primeira hora da mañá a través da actividade física e o deporte, esquecéndose por uns días do ocio electrónico. O extenso abano de deportes e xogos tradicionais do campus de MQA axudan na educación e socialización dos nenos e nenas.

As actividades do campus mutideporte abarcan, desde deportes tan coñecidos como o fútbol e o baloncesto, ata os que están máis en auxe como o pádel e o bádminton. Os cativos ademais de refrescar o coñecemento de xogos tradicionais coma os trompos, as canicas, o brilé e a mariquitiña, tamén se iniciaron en ciclo-indoor, aerobic e baile, actividades que practican, nos ximnasios, as súas nais e os seus pais. Incluso tiveron tempo de facer varias saídas polo entorno da cidade, como unha ruta de sendeirismo polo paseo do Lagares ata a praia de Samil.

Aínda quedan 3 quendas do Campus Multideporte, a segunda celebrarse no que queda de mes xullo, a terceira nos primeiros dez días de agosto e a cuarta na primeira semana de setembro.

Para máis información:
www.maisqueauga.com
https://www.facebook.com/maisqueauga
https://twitter.com/maisqueauga
http://issuu.com/maisqueauga

MÁIS QUE AUGA Barreiro 986 407 245

Miguel Giráldez
Comunicación MQA
689578896