Cancelado o vindeiro concerto da Real Filharmonía no Teatro Afundación de Vigo

A actuación estaba programada para o vindeiro 11 de decembro no Teatro Afundación de Vigo
Publicado por o día 04/12/2020 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Cancelado o vindeiro concerto da Real Filharmonía no Teatro Afundación de Vigo

O concerto previsto para o vindeiro venres 11 de decembro e incluído na Tempada de Música Clásica de Afundación, a Obra Social de ABANCA, a cargo da Real Filharmonía de Galicia, cancelouse debido ao actual contexto sanitario. Co obxectivo de que o público poida seguir gozando da música clásica ata que resulte posible programar novas propostas no Teatro Afundación, Afundación TV ofrecerá en directo o xoves 10 de decembro ás 20.30 h o recital que estaba previsto e que interpretará a Real Filharmonía de Galicia desde o Auditorio de Galicia. Así, grazas a esta colaboración da Obra Social de ABANCA e a Real Filharmonía de Galicia, os espectadores poderán ver en directo, con acceso libre e gratuíto, Within her arms, de Anna Clyne e Sinfonía pastoral, de Brett Dean, que se interpretarán por vez primeira en España; e a Sinfonía número 6 en fa maior, op.68 Pastoral, de Ludwig van Beethoven, baixo a batuta de Paul Daniel.

Todas aquelas persoas que xa adquiriron a súa entrada para o evento programado para este venres, serán contactadas por Afundación para xestionar a devolución do importe das mesmas. De igual maneira, a Obra Social de ABANCA continuará estudando o impacto das novas medidas aprobadas na súa programación co fin de que a cultura e o público atópense sempre na mellor situación posible e coas maiores garantías.

Comentar noticia

Your email address will not be published.