Cancelamos o acto de recollida de firmas da ILP pola Renda Básica e defendemos a rotonda de Coia

Cancelamos o acto de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica que tiñamos convocado para mañá venres 5 de decembro. O motivo é que moita xente da ODS-Coia e das asembleas dos martes estaremos na rotonda de Coia, parando novamente as obras que teñen por obxecto acoller o barco “Bernardo Alfageme”.

Achegamos un texto que moveu hoxe á xente da asemblea:

O xoves 27 de novembro comezaron as obras para instalar o barco “Alfageme” na rotonda de Castelao. Os medios de comunicación falan dun orzamento de 300.000 euros, e parte da veciñanza do barrio decidimos hoxe paralizar as obras, xa que rexeitamos de cheo esta inmoralidade do goberno municipal. Mentres que non hai cartos para as necesidades da xente, e sen consultar con ninguén, queren chantar un barco na rotonda de Alcampo, ou proxectan reformar o estadio de Balaidos con cifras desorbitadas.

Consideramos que unha rotonda non é o sitio apropiado para expoñer un ben cultural, sobre todo no caso dun barco, coa súa íntima relación co mar. Por outra banda, denunciamos este gasto insultante cando parte do barrio está sufrindo con crueza as consecuencias da crise: desemprego, cortes de luz, despexos,…

NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER !!!

Por decisión da asemblea celebrada está mañá na rotonda, decidiuse que pola tarde continuarán as protestas, paralizando as obras ata as 19 horas. Mañá volveremos dende as 8 da mañá ata as 19 horas, rematando a esta hora cunha gran concentración á que invitamos a toda a veciñanza de Coia e da cidade.

Noticias de última hora en Vigo

ods coiarecollida firmasrotonda coia

SIGUENOS EN TELEGRAM