Canda comunica ao Pleno o inicio de accións legais contra un veciño de Covelo que leva meses sen recoller enseres domésticos e lixo depositado na rúa

O alcalde lembrou a necesidade de realizar labores de limpeza en fincas particulares para previr os incendios e a obriga de erradicar as especies pirófitas preto dos núcleos habitados
Publicado por o día 29/07/2020 na sección de Galicia

Canda comunica ao Pleno o inicio de accións legais contra un veciño de Covelo que leva meses sen recoller enseres domésticos e lixo depositado na rúa

O alcalde da Lama, Jorge Canda, informou aos concelleiros asistentes ao Pleno da Corporación Municipal celebrado esta mañá dos pasos dados desde hai meses para lograr que un veciño de Covelo proceda á retirada de enseres domésticos e lixo depositado sen autorización na rúa. O rexedor comunicoulle aos membros da Corporación que ante as reiteradas advertencias e a falla de resposta satisfactoria por parte do veciño o seu caso foi posto en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e da Garda Civil para incoar a denuncia pertinente co fin de que se lle aplique as medidas coercitivas que determina a normativa para estes casos.

Asimismo o alcalde lembrou a obriga que teñen os propietarios de fincas de realizar labores de limpeza e control da maleza para previr calquera situación de perigo ante a posibilidade de que poda declararse un incendio. Ademais recordou a normativa esistente para elimina-la presenza de especies pirófitas na proximidade das casas e zonas habitadas.

Neste sentido, o alcalde informou que desde os servizos técnicos municipais se estaban a levar a cabo comunicacións e apercebimentos a propietarios que estaban a incumprir esta normativa co fin de que nun prazo de tempo inmediato procedan a face-los labores de limpeza. Tamén lembrou que no caso de que estes traballos non se acometan polos infractores, a normativa determina que sexa a administración quen tome cartas no asunto pasándolle o custe e sanción ao interesado.

Por outra banda, o Pleno da Corporación Municipal da Lama aprobou por unanimidade dos concelleiros presentes a modificación da ordenanza reguladora das axudas para o fomento da natalidade e o empadroamento que contemplan a concesión de 1.000 euros (500 por ano e durante un máximo de dous) por recén nacido.

Nesta modificación amplíase o prazo de presentación de un a dous meses (outubro e novembro) e entre os requisitos esixirase que polo menos un dos proxenitores teña un mínimo de un ano de antiguedade no empadroamento no municipio da Lama.

Comentar noticia

Your email address will not be published.