Canda e varios concelleiros inspeccionan a marcha das obras do polideportivo de Berducido que levará o nome do mozo Luís Manuel Sobrado González, falecido en accidente de tráfico

Contará con vestiarios con duchas de auga quente, peche perimetral con rede de altura, humanización da contorna e adaptación do espazo para o parque infantil e o biosaudable
Publicado por o día 01/10/2019 na sección de Galicia

Canda e varios concelleiros inspeccionan a marcha das obras do polideportivo de Berducido que levará o nome do mozo Luís Manuel Sobrado González, falecido en accidente de tráfico

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, e os concelleiros Francisco Pérez, José Fortes e Daniel Vidal, comprobaron o avance das obras que se están a acometer na pista polideportiva de Berducido e que levarán, cando rematen, o nome de “Pista Polideportiva Luís Manuel Sobrado González” en homenaxe a este mozo falecido nun tráxico accidente de estrada.

O investimento afrontado polo  Concello da Lama na pista polideportiva supoñerá un desembolso económico duns 80.000 euros e permitirá aos veciños da parroquia de berducido mellorar o acceso á práctica deportiva xa que se recuperará o vello e abandonado vestiario existente e poñerase en funcionamento con duchas de auga quente así como dos elementos necesarios para garantir o correcto aproveitamento por parte dos usuarios que se acheguen ata aquí para a práctica deportiva.

Así mesmo, o proxecto que se está executando polo  Concello contempla o peche perimetral da pista polideportiva cunha rede de gran altura, a humanización da contorna e a mellora do parque infantil e o biosaudable existente no lugar.

Jorge Canda manifestou que a iniciativa de impoñer o nome de Luís Manuel Sobrado González xurdiu dos propios veciños e “ven a  signficar un  recoñecemento a  unha  persoa que  morreu  xoven,  nun accidente de tráfico, e que  sempre  estivo ligado  ao mundo  do deporte e a favorece-a convivencia  veciñal polo que a  súa  perda representa un  baleiro importante entre  aquelas  persoas que ou  coñeceron, sobre todo a través dá práctica deportiva,  unha dás  súas  principais  paixóns”.

O  Concello da Lama instalará, cando finalicen as obras, unha placa conmemorativa na que figure o nome da Pista Polideportiva Luís Manuel Sobrado González e un recoñecemento do mundo deportivo  lamense a este mozo falecido en accidente de tráfico.