Canda supervisa a finalización das obras de construción do novo sistema de abastecemento de auga potable a Xesta para o século XXI

Os novos depósitos e canalizacións están preparados para abastecer a 160 vivendas con achegas de manancial suficientes para o dobre
Publicado por o día 13/09/2019 na sección de Galicia

Canda supervisa a finalización das obras de construción do novo sistema de abastecemento de auga potable a Xesta para o século XXI

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, supervisió a finalización dos traballos acometidos para instalar un novo sistema de abastecemento de auga na parroquia de Xesta que conta cun investimento que rolda os 150.000 euros e que foron financiados grazas ao Plan Concellos.
 
Estas novas instalacións pretenden cubrir as demandas existentes e futuras e dar solución ao abastecemento de auga á parroquia de Xesta para todo o presente século. O sistema instalado está preparado para abastecer a unhas 160 vivendas e a achega acuífera incorporada ao depósito principal dispón de capacidade para dar subministración a máis do dobre co que se garante por tempo indefinido as necesidades da poboación en materia de abastecemento de auga potable.
 
Os traballos realizados permiten incorporar aos usuarios do anterior sistema de abastecemento de auga e ao mesmo tempo soporta a inclusión de novos demandantes que, previamente, formalicen adecuadamente a súa solicitude de inclusión en dita traída grazas á maior capacidade que ofrece o novo depósito e o deseño do circuíto habilitado para optimizar a subministración e permitir afrontar, con total garantía, labores de mantemento ou mesmo posibles avarías que se poidan producir no futuro.
 
Jorge Canda manifestou a súa satisfacción polos resultados deste investimento duns 150.000 euros porque “permítelle aos veciños garantir o subministro de auga polo menos para cen anos máis xa que é un sistema completamente novo, moderno, moi operativo e que vai permitir un mellor uso e máis racional da auga. Está pensado para abastecer a 160 vivendas aínda que a capacidade total doblaría sobradamente esta cantidade. Foi un esforzo inversor importante, pero vai directamente orientado a garantir uns servizos básicos na parroquia de Xesta como é a auga, fundamental para garantir a calidade de vida das persoas”, indicou o rexedor municipal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.