A candidatura de “A marea do pobo” esixe o rescate á Sanidade Pública no Hospital de Montecelo

Publicado por o día 18/08/2016 na sección de Política,Sanidad,Vigo

A candidatura de “A marea do pobo” esixe o rescate á Sanidade Pública no Hospital de Montecelo

A candidatura de Marea do Pobo Pontevedra, que se presenta ás primarias de En Marea encabezada pola deputada de AGE Eva Solla e Juan Fajardo, demandou esta mañá o rescate da sanidade pública mediante unha rolda de prensa á porta do Hospital de Montecelo.

A cabeza de lista de Marea do Pobo, Eva Solla, lembrou que defender ás medidas en materia sanitaria ten que ser o prioritario para este goberno entrante, xa que a sanidade segue a ser moi atacada dende o goberno de Feijóo. Respecto ao Hospital Montecelo, Solla recordou unha reclamación fundamental: que Pontevedra segue aínda sen contar coa ampliación do seu Hospital despois de 8 anos de desgoberno da dereita.

Ademais, Solla mostrou a súa preocupación pola situación laboral, con incremento das quendas, dos traballadores dos centros hospitalarios públicos de Pontevedra. Por todo isto, e co fin de plantar cara ás continuas privatizacións e políticas de recortes postas en marcha polo goberno de Feijóo que destrúen a nosa sanidade pública, universal e gratuíta, dende Marea do Pobo esiximos que a nosa sanidade deixe de ser un negocio.