Cándido Conde Pumpido será o pregoeiro do Día de Galicia en Vigo

O maxistrado do Tribunal Constitucional será o encargado de ler o pregón no acto que se celebrará nos xardíns do Pazo de Castrelos o vindeiro xoves, 23 de xullo. Ademais, o alcalde convocou un Pleno extraordinaria no que Isaura Abelairas presentará a súa renuncia ao cargo de concelleira tras ser elixida deputada no Parlamento de Galicia.
Publicado por o día 14/07/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Cándido Conde Pumpido será o pregoeiro do Día de Galicia en Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que o maxistrado Cándido Conde Pumpido será o pregoeiro do Día de Galicia en Vigo. Segundo indicou, o acto celebrarase o vindeiro xoves, 23 de xullo, ás 20:00 horas, nos xardíns do Pazo de Castrelos cun aforo limitado a 300 persoas. O xurista Conde Pumpido é maxistrado do Tribunal Constitucional e foi con anterioridade maxistrado do Tribunal Supremo (desde 1995) e Fiscal Xeral do Estado (desde 2005 a 2011).

Pleno Extraordinario

Ademais, o alcalde informou de que convocou un Pleno extraordinario para o vindeiro venres, 18 de xullo, no que Isaura Abelairas presentará a súa renuncia ao cargo de concelleira tras ser elixida deputada ao Parlamento de Galicia. Caballero explicou que o avogado Pablo Estévez ocupará o seu lugar na Corporación Municipal.

Pago a provedores

Por último, o rexedor informou dos datos do pasado mes de xuño relativos ao promedio de pago a provedores, no que o goberno local volveu a rexistrar unha índice de resposta excelente cunha media de 9,7 días.

Comentar noticia

Your email address will not be published.