A Asemblea de coordinación a nivel estatal das MMdD reunirase en Cangas do Morrazo, o día 17 de xaneiro, sábado, para preparar a axenda de mobilizacións que está deseñada para o ano 2015. Esta asamblea, que por primeira vez se celebra en Galiza, vai ter lugar, en sesións de mañá e tarde, no salón de plenos do Concello de Cangas, tendo restrinxida a súa asistencia @s representantes das organizacións e territorios.
Previsiblemente o día anterior, o venres día 16, se celebre un acto público coa intervención de portavoces das distintas nacións do estado.
Esta prevista a asistencia de máis de sesenta representantes das distintas organizacións e territorios de todo estado español que compoñen este movemento.
Teñen xa confirmada a asistencia as seguintes organizacións:
– Os sindicatos:
IAC de Catalunya, SAT de Andalucía, ESK de Euskal Herria, Confederación Intersindical, CGT, CNT, Intersindical Valenciana, COBAS, CUT.
– Organizacións sociais e políticas:
ATAAC, Campamento de la Dignidad de Extremadura, Frente Cívico- Somos Mayoría, Corriente Roja
– Territorios:
Asturias, Catalunya, Euskal Herria, Madrid, País Valencía, Andalucía e Murcia.
Nos vindeiros días concretaremos máis información sobor deste imporante evento para O Morrazo e para Galiza.
PRENSA MARCHAS DIGNIDADE
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.