Cangas acolle a Asamblea Estatal das Marchas da Dignidade o 17 de Xaneiro

A Asemblea de coordinación a nivel estatal das MMdD reunirase en Cangas do Morrazo, o día 17 de xaneiro, sábado, para preparar a axenda de mobilizacións que está deseñada para o ano 2015. Esta asamblea, que por primeira vez se celebra en Galiza, vai ter lugar, en sesións de mañá e tarde, no salón de plenos do Concello de Cangas, tendo restrinxida a súa asistencia @s representantes das organizacións e territorios.

Previsiblemente o día anterior, o venres día 16, se celebre un acto público coa intervención de portavoces das distintas nacións do estado.

Esta prevista a asistencia de máis de sesenta representantes das distintas organizacións e territorios de todo estado español que compoñen este movemento.

Teñen xa confirmada a asistencia as seguintes organizacións:

– Os sindicatos:

IAC de Catalunya, SAT de Andalucía, ESK de Euskal Herria, Confederación IntersindicalCGT, CNT, Intersindical Valenciana, COBAS, CUT.

– Organizacións sociais e políticas:

ATAAC, Campamento de la Dignidad de Extremadura, Frente Cívico- Somos Mayoría, Corriente Roja

– Territorios:

Asturias, Catalunya, Euskal Herria, Madrid, País Valencía, Andalucía e Murcia.

Nos vindeiros días concretaremos máis información sobor deste imporante evento para O Morrazo e para Galiza.

PRENSA MARCHAS DIGNIDADE

Noticias de última hora en Vigo

marchas dignidad

SIGUENOS EN TELEGRAM