Cangas do Morrazo prende hoxe as rúas co alumeado de nadal

Por o 05/12/2017 | Sección: Cangas,Eventos,Galicia
Cangas do Morrazo prende hoxe as rúas co alumeado de nadal

Hoxe quedará inaugurado oficialmente o Nadal co prendido da iluminación contratada polo Concello. Todos os elementos de luz acenderanse ás 19:00 horas, un labor que levará a cabo o alumnado do CEIP Nazaret. De feito, a partir de agora, rotaranse os centros educativos de Cangas para que cada tempada se ocupe un deles en prender o alumeado da vila.

Ademais, previo a isto, convócase a toda a veciñanza ás inmediacións da Praza do Concello para que poidan gozar dunha velada divertida, xa que un grupo de monitores e monitoras encargaranse de animar a todo o pobo para que se comece a sentir o espírito característico desta época.

Por iso, desde o Concello animan a toda a poboación a que asista ás inmediacións da Casa Consistorial con vestimenta de Nadal.

 

Rubens Rocha

Nado en Vigo hai 35 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.