Cangas do Morrazo se mobiliza contra os recortes na Sanidade Pública

Instar á Conselleria de Sanidade a resolver o grave problema existente en Cangas referente a situación do servizo do PAC de Urxencias

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas, iniciou este martes unha campaña de recollida de sinaturas entre os veciños para instar á Conselleria de Sanidade a resolver o grave problema existente en Cangas referente a situación do servizo do PAC de Urxencias.

Son numerosas as ocasión nas que os veciños/as acuden ao Servizo e atopan que non están nin o médico nin a enfermeira para atendelos, debido a que o equipo tivo que desprazarse a outra urxencia fóra do PAC.

A Atención Primaria é a porta de entrada á asistencia sanitaria, este primer nivel é o que está soportando dunha maneira máis forte as medidas de recortes destes últimos anos. A paralización en Galicia dende o ano 2009 do “Plan de Mellora de Atención Primaria” supuso a perda dun total 392 prazas de médicos en Primaria, dende o principio da crise.

Non é primeira vez que a situación do persoal do PAC de Urxencias é denunciado pola Plataforma e polos propios profesionais diante dos responsables sanitarios e nos medios de comunicación.

Son moitos compromisos incumpridos pola Administración con Cangas, a Plataforma anima aos veciños a sumarse á recollida de sinaturas para esixir ao Conselleiro que reciba aos veciños para plantexarlle a situación real que estan a padecer e arancarlle o compromiso da construción do Centro de Alta Resolución.

Hoxe venres pola maná estiveron na Praza da Palma (fronte o Concello) ás once da mañá facendo unha recollida de sinaturas. Desde a Plataforma Sos Sanidade animan a todas ás persoas interesadas a asinar, as follas das sinaturas podenas atopar en varios locais comerciais, no Concello, no Centro de Saúde, e nas librerías de Vilafer e Maraxe.

Nado en Vigo hai 36 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

MediciñapacPlataforma en Defensa da Sanidade PúblicaPlataforma en Defensa da Sanidade Pública de CangasUrxencias

SIGUENOS EN TELEGRAM