Cangas tamén se moviliza contra os recortes na sanidade pública cunha recollida de sinaturas.

Publicado por o día 14/07/2017 na sección de Cangas,Galicia,Sanidad

Cangas tamén se moviliza contra os recortes na sanidade pública cunha recollida de sinaturas.

A paralización do Plan de  “Mellora de Atención Primaria 2007- 2011”, orixinou  un forte retroceso na dotación de recursos técnicos e humanos neste nivel da sanidade. De ahí que os cidadáns esteamos a vivir, con preocupación e desesperanza,  as políticas neoliberais orientadas ao desmantelamento do sector público, de modo que, o panorama presente e futuro é desolador para os/as usuarios/as da sanidade Pública se non hai un cambio a outras políticas.

As diferentes expresións de mobilización cidadá, orixinadas por toda Galicia, é ao noso entender,  un indicador que visibiliza o  rechazo a esta política de recortes aplicada nos últimos  anos polos gobernos  do PP.

A recollida de sinaturas en Gondomar,  para denunciar a construción do  Centro de Saúde  máis caro e recortado do seu modelo inicial, a formación dunha Plataforma veciñal en Soutelo do Monte  na defensa da continuidade do seu Consultorio Médico, a mobilización vecinal en O Porriño para demandar solución ao Centro de Saúde e a UAD, as manifestacións públicas de todo o goberno local de  Lalín, de que non se descarta mobilizacións cidadás polos incumprimentos do Sergas co seu Centro de Alta Resolución, a mobilización do barrio de Navia en Vigo na defensa da dotación de medios  do  Centro de Saúde,  a recollida de sinaturas en Cangas, a loita dos veciños de  O Hío… e outros tantos, son serias mostras de indignación popular.

En Cangas padecemos como  calquer pobo da nosa Área Sanitaria os recortes, e sufrimos tamén os incumprimentos do Sergas coas  infraestructuras comprometidas, como son a construción do Centro de Alta Resolución para o Morrazo e a construción do Centro de Saúde Aldán –O Hío.

Ante esta situación de déficit sanitario, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Cangas iniciamos nos primeiros meses do ano,  unha campaña de recollida de sinaturas solicitando persoal permanente no SERVIZO DE URXENCIAS DO PAC  DE CANGAS.

Iniciamos a campaña  o martes 17 de xaneiro e a rematamos  o sábado 25 de febreiro. Dende o primeiro día tivemos unha boa acollida, e a  experiencia foi moi  positiva e gratificante. Sorprendentemente os/as  veciñas/as  que se  achegaban ás mesas non deixaban de agradecer que estiveramos na rúa visibilizando este problema.

A pesares do frio e da chuva desa época ,a veciñanza continuou co seu apoio, e o terceiro día de recollida xa contábamos con preto de 3000 sinaturas dos veciños e veciñas de Cangas.