Cantares de Cego e ofrenda floral para homenaxear a Castelao

Publicado por o día 29/01/2019 na sección de Galicia,Ponteareas

Cantares de Cego e ofrenda floral para homenaxear a Castelao

A concellería de Cultura e Normalización Lingüística que dirixe Hortensia Bautista convida a toda a cidadanía a participar na homanaxe ao polifacético escritor Daniel Castelao que terá lugar o vindeiro sábado día 2 de febreiro a partir das once da mañá.

LuÍs “O Caruncho” percorrerá as rúas do centro urbano cos Cantares de Cego a partir das 11 horas e a ofrenda floral e homenaxe será ás 12:30 horas na avenida que leva o seu nome á altura do Colexio Santiago Apóstol.

Dende a súa concellería, Hortensia Bautista, aposta por promover a cultura galega como símbolo de entidade.

Con motivo do aniversario do seu nacemento, hoxe 29 de xaneiro, Ponteareas lembra a figura Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político, considera unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX.

Comentar noticia

Your email address will not be published.