Cantería e agricultura ecolóxica centran a formación de 20 desempregados no obradoiro de emprego Redondela Vila Bela

A Xunta inviste máis de 4,2 millóns de euros na posta en marcha de 14 obradoiros dos que se benefician 250 desempregados na área territorial de Vigo
Por o 08/02/2018 | Sección: Galicia,Redondela
Cantería e agricultura ecolóxica centran a formación de 20 desempregados no obradoiro de emprego Redondela Vila Bela

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata Redondela para saudar os alumnos que iniciaron a súa formación no Redondela Vila Bela, o obradoiro de emprego posto en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O Goberno galego destina a este taller, no que se formarán 20 desempregados nas especialidades de cantería e agricultura ecolóxica, xardinería e viveiros, preto de 280.000 euros. Os obradoiros de emprego, a través dos que os participantes reciben formación e un contrato de traballo, ademais dun certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado, presentan varias novidades nesta última convocatoria. A máis destacada polos concellos, profesorado e alumnado é a ampliación da duración dos programas xerais de 6 a 9 meses.

Cómpre lembrar que se trata dunha iniciativa que o Goberno leva a cabo en colaboración cos concellos e que, polo tanto, fomenta a cooperación institucional. No que atinxe á área territorial de Vigo, desenvólvense 8 obradoiros xerais e 6 específicos para menores de 30 anos a través do Sistema de Garantía Xuvenil para seguir impulsando o emprego entre a mocidade, un colectivo prioritario para a Administración autonómica. Á posta en marcha destes 14 talleres, dos que se benefician 250 desempregados, a Administración autonómica dedica máis de 4,2 millóns de euros.

Os obradoiros forman parte da Axenda 20 para o Emprego, a planificación do Goberno galego en materia laboral para impulsar o emprego estable e de calidade e coa que se pretende en 2020 reducir a taxa de paro ata o 10% coa creación de polo menos 80.000 novos empregos e a creación ou conversión de 50.000 contratos en indefinidos.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.