A capacidade de gasto da Xunta en 2017 medrará ata 300 millóns de euros

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentou no Parlamento o límite de gasto non financeiro, que medra un 2,9% e ascende ata os 9.063 millóns
Publicado por o d√≠a 24/11/2016 na sección de Econom√≠a,Vigo,Xunta de Galicia

A capacidade de gasto da Xunta en 2017 medrará ata 300 millóns de euros

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, destacou hoxe que a capacidade de gasto da Xunta de Galicia en 2017 medrará ata 300 millóns de euros, xa que o límite de gasto non financeiro aumentará en 259 millóns respecto ao Orzamento do actual exercicio, e a iso sumaranse outros 40 millóns de euros polo aforro nos xuros da débeda.

O titular de Facenda presentou hoxe no pleno do Parlamento o límite de gasto non financeiro para 2017, aprobado xa no Consello da Xunta. O teito de gasto ascende a 9.063 millóns, un 2,9% máis que o gasto previsto nos orzamentos vixentes, de xeito que a Comunidade Autónoma superará o límite dos 9.000 millóns por primeira vez desde o ano 2011.

Na s√ļa intervenci√≥n, o conselleiro detallou que do total do l√≠mite de gasto, 8.748 mill√≥ns proceden de ingresos non financeiros, 298 proceden do cumprimento do obxectivo de d√©ficit e 17 mill√≥ns de axustes de contabilidade nacional. Valeriano Mart√≠nez confirmou que Galicia volver√° cumprir en 2017 o l√≠mite de d√©ficit p√ļblico para as comunidades aut√≥nomas comunicado no Consejo de Pol√≠tica Fiscal e Financiera, que ser√° do 0,5%.

O conselleiro de Facenda insistiu en que o incremento da capacidade de gasto permitir√° reforzar o crecemento da econom√≠a galega e a mellora do mercado laboral. Ademais, resaltou que o l√≠mite de gasto presentado hoxe ter√° como prioridade na asignaci√≥n dos novos recursos ‚Äúa quen m√°is os necesita‚ÄĚ. Tam√©n permitir√° que o Goberno galego entregue de xeito inmediato no Parlamento os orzamentos para 2017 para que a C√°mara os poida aprobar o antes posible.

Para 2017, sinalou que entre os obxectivos seguir√°n estando a reduci√≥n progresiva do d√©ficit p√ļblico e que Galicia siga estando entre as comunidades aut√≥nomas con menor taxa de endebedamento. En ambos eidos Galicia segue sendo unha comunidade de referencia no cumprimento dos obxectivos de estabilidade.

O Goberno galego trasladou hoxe ao Parlamento o l√≠mite de gasto non financeiro logo de presentar a principios de setembro unha estimaci√≥n de teito de gasto de 9.039 mill√≥ns de euros, 24 menos do l√≠mite aprobado a pasada semana. Esta estimaci√≥n serviu √° Administraci√≥n galega para axilizar a tramitaci√≥n dos Orzamentos para 2017 e adiantar a s√ļa data de aprobaci√≥n.

Previsións

O Goberno galego v√©n de actualizar √° alza as s√ļas previsi√≥ns macrecon√≥micas, xa que agarda que o PIB galego rexistrar√° un mellor comportamento que a media espa√Īola neste segundo semestre, sobre todo pola mellora da actividade no sector industrial e servizos.

Deste xeito, o Executivo galego eleva a previsión de PIB para este 2016 unha décima -ata o 3,1%-, mentres que para 2017 prevé un crecemento do 2,4%, tamén unha décima máis que a previsión vixente ata agora. A mellora destas previsións, tanto neste ano como en 2017, débese principalmente a que se agarda unha mellor evolución da demanda interna, ao bo comportamento do sector exportador e no maior incremento do emprego.

En canto √° taxa de paro, a previsi√≥n da Xunta para este ano √© que se mante√Īa a baixada do desemprego ata o 17,4%, mentres que para 2017 se espera que siga baixando ata o 15,6%. As√≠, Galicia manter√° un diferencial positivo ca taxa de paro de Espa√Īa de 2,2 puntos o vindeiro exercicio, dado que a estimaci√≥n de paro para o conxunto do Estado √© do 17,8%.