Cara a FÓRA, cara ADENTRO, obradoiros infantis no museo M.A.R.C.O. este verán

Para participantes de 6 a 12 anos
Publicado por o día 08/07/2020 na sección de Galicia,Vigo

Cara a FÓRA, cara ADENTRO, obradoiros infantis no museo M.A.R.C.O. este verán
Datas: 8 xullo 2020 – 31 xullo 2020
Horario:  martes, mércores, xoves e venres de 12.00 a 14.00
Lugar:  MARCO, plaza peonil posterior e salas de exposición

Para participantes de 6 a 12 anos

GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN

Listas abertas para cada sesión ata completar aforo (máximo 15 participantes por sesión)

Inscricións:

Tel. 986 113900 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla MARCO

Horario taquilla: martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30

Máximo inscrición 2 participantes por adulto

Normas de acceso e medidas sanitarias:

  • Uso obrigatorio de máscara
  • Distancia mínima interpersoal
  • Desinfección de materiais e uso de xel hidroalcohólico
  • Prohibición de consumir alimentos e bebidas durante o obradoiro

Colabora: A Caixa

Durante este mes de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil de entre 6 e 12 anos. A proposta está deseñada tendo moi en conta as normas e medidas sanitarias de seguridade e protección post Covid-19. As actividades, que terán lugar ao aire libre (praza peonil posterior) complétanse con percorridos específicos por espazos interiores e polas exposicións de Manuel Colmeiro e Yolanda Herranz.

Se ben cada sesión é independiente, o programa e contidos articúlanse ao redor de catro fíos temáticos: espazos exteriores/interiores, retratos/autorretratos, obxectos animados, e relatos/comunicación.

Unha forma diferente de compartir experiencias nesta nova etapa… Non esquezas reservar a túa praza!

AVANCE CALENDARIO SESIÓNS (dúas primeiras semanas)

SESIÓN 1 / Mércores 8 xullo

Espazos exteriores/interiores

Ref. Chans e paredes. Estrutura, apariencia e formas xeométricas no espazo.

Resumo: a partir da observación da pedra do chan no patio posterior, e de elementos arquitectónicos da contorna, definimos formas xeométricas e cambiamos a súa apariencia a través da color. A actividade continúa nol interior do edificio, experimentando con formas e estruturas similares.

SESIÓN 2 / Xoves 9 xullo

Retratos/autorretratos

Ref. Pegadas de persoas en espazos interiores/exteriores. Exposición Yolanda Herranz.

Resumo: moitas veces, a presenza das persoas faise evidente a través da súa ausencia: pegadas, restos de roupa, envases baleiros… son sinais de que alguén estivo aí. Nesta sesión pensamos en signos de actividade humana en espazos interiores e exteriores, e dámoslle forma plástica.

SESIÓN 3 / Venres 10 xullo

Relatos/comunicación

Ref. Contacontos: “As luces que se acenden e se apagan”

Resumo: a partir dunha sesión de contacontos teatralizada, baseada no libro As luces que se acenden e se apagan, de Ramón Trigo (Editorial Kalandraka), a relatora introdúcenos nun mundo creativo que nos convida a reflexionar sobre nós, os nosos soños e desexos, e a superación de medos e obstáculos.

SESIÓN 4 / Martes 14 xullo

Obxectos animados

Ref. A cada quen a súa máscara

Resumo: as máscaras son hoxe algo moi presente no noso día a día… para que serven?, que nos poden contar? Neste obradoiro creamos un baile de máscaras ‘tuneadas’ polos participantes, que son a un tempo expresión individual e coreografía de grupo.

SESIÓN 5 / Mércores 15 xullo

Espazos exteriores/interiores

Ref. Paisaxes que soan. Exposición Manuel Colmeiro

Resumo: Esta actividade toma como punto de partida imaxes das paisaxes de Colmeiro presentes na exposición, para imaxinar e recrear os sons, olores e texturas presentes nese lugar. Un xogo no que entran en acción todos os sentidos, e que comeza no exterior para percorrer a continuación as salas do 1º andar.

SESIÓN 6 / Xoves 16 xullo

Retratos/autorretratos

Ref. O autorretrato como reflexo. Retratos de luz. Exposición Yolanda Herranz.

Resumo: a partir da serie Autorretratos, de Yolanda Herranz, nesta sesión exploraremos a idea do retrato a través da luz. Materiais específicos e transparencias axudarannos a crear a nosa propia galería visual.

SESIÓN 7 / Venres 17 xullo

Relatos/comunicación